Resultados

149 equipos na Liga Galega ABANCA

Un total de 149 equipos tomarán parte na VI edición 2017/2018 da Liga Galega Escolar ABANCA que se desenvolverá nas sedes de Santiago, O Barco e Pontevedra.

Esta edición reservada para as categorías benxamín, alevín e infantil, xuntará a máis de 1.000 nenos na procura da clasificación dos seus equipos e na que por sectores, A Coruña conta con 49 equipos inscritos, seguido de Pontevedra con 44 e de 36 para o sector de Ourense – Lugo que competirán de maneira conxunta.

Destos enfrontamentos zonáis, sairán clasificados o primeiro equipo de cada unha das fases e as cinco mellores puntuacións do total dos equipos participantes, os cales mediranse na gran final que acontecerá na Pista Cuberta de Ourense coincidindo ca súa inauguración o vindeiro dia 16 de decembro.

Regulamento

Equipos participantes fase clasificatoria

Compartir: