Manuela Mayo e Pedro Nimo, Campións Galegos de Media Marathon

O Concello de Riveira sería o encargado de organizar o XXVII Campionato de Galicia de Media Marathon que tería  lugar esta fin de semana sobre un circuito homologado de 21.097 km. 

Nesta proba de ruta e cunha participación de preto de catrocentos atletas, os gañadores absolutos serían Pedro Nimo  do Clube 3Run by PedroNimo na categoría masculina cun rexistro de 1.09.20 e María Manuela Mayo do Clube atletismo Sar cun rexistro de 1.22.33. Xunto eles no podium, e compartindo postos de honra, estarían os atletas Sofía Freaza e Mónica Granero asÍ como Manuel Hurtado e Elias Domínguez.

Seguindo co apartado individual, salientar o Récord Galego na categoría de veteranos M-55 do atleta de Veteranos de Ourense Saturnino González quen cun rexistro de 1.15.42 milloraría o anterior rexistro que se atopaba en posesión de  Xosé Luis Otero Cepeda.

Por clubes o trunfo correspondería nos homes para a formación que lidera o atleta homólogo, o Clube 3 Run by Pedro Nimo sendo o título galego no apartado feminino para o Comesaña Sporting Clube

RESULTADOS

PODIUMS TODAS CATEGORIAS