Esta fin de semana recibiriamos con fondo pesar o falecemento da atleta María Ferreira natural de O Porriño a idade de vintenove anos.
Quenes a coñecían destacan dela o seu caracter, xenerosidade, compromiso e humildade en todos cantos compromisos abordaba da súa vida. Profesora no Centro Santo Tomás, era coñecida pola súa paixon ó deporte, que a levaría a estar vencellada ós clubes do Natación Mos, Runners Pontakas e Atletismo Porriño. Sería precisamente unha caida de bicicleta, durante a presencia dunha etapa da Volta a España en Asturias, quen ocasionara tan fatal desenlace.
Dende esta federación queremos amosar as condolencias de toda a familia atletica ós seus seres máis achegados, e de maneira en especial ós compañeiros do Clube Atletismo Porriño.