Resultados

Novos cursiños preparatorios para o exame de xuiz de atletismo

Logo do paron do verán pouco a pouco vanse perfilando as distintas actividades que se van organizar de cara a tempada 2017/2018.

En concreto o Comité Galego de Xuices convoca unha serie de cursos de formación e preparación encamiñados a formar ós distintos aspirantes que desexen convertirse en xuices de atletismo, sendo os mesmos de balde.

Os cursiños realizaranse en todas as Delegacións da Federación Galega de Atetismo estando o exame previsto para o dia 25 de Novembro.

Todos aqueles interesados en inscribirse ou en solicitar máis información poderán facelo a través do número de teléfono 981 29 16 83 (horario de oficiña) ou no enderezo electrónico comitegalegoxuices@gmail.com

Ligazón