A cidade danesa de Aarhus está a ser esciario durante os dias 27 ó 4 de agosto da disputa do Campionato de Europa de Atletismo veterano no que están a tomar parte un total de 13 atletas galegos.
Os resultados para os nosos representantes non se farían agardar xa que o atleta Xosé Luis Otero Cepeda do Universidade de Santiago, e que tomaría parte nos 10.000 m.l, acadaría o título continental grazas ós 37.17.80 establecidos, sumando así un novo título ó seu dilatado palmarés deportivo. Uns dias máis tarde de novo volvería a tomar na proba dos 5.000 m.l. e na que de volvería a mosar a súa calidade acadando o subcampiontao europeo, logo de marcar un rexistro ofical de 18.26.84, converténdose deste xeito nun dos protagonistas galegos ata alí desprazados.
Outra das nosas máis laureadas atletas Soledad Castro proclamaríase subcampiona de Europa na proba dos 10000 m.l. na categoría W-50 ó establecer un rexistro de 41.08.35 nunha proba gañada pola belga Steenhaut con 40.09.16. Otro metal, desta vez bronce, recaería sobre o ourensán Rubén Diz o cal tomaría parte na segunda serie dos 5000 m.l., que resultaría a máis rápida, acadando a terceira posición cun rexistro de 14.54.68 o cal pon un magnífico remate para esta positiva tempada do atleta das burgas.
En canto ó concurso de Triple M-40 o saltador de A Silva Basi Bernárdez estaría a piques de acadar o metal de bronce xa que tan só un centímetro separarianno do metal. O remate moi bo posto de finalista, 4º con 12.63 m. Pola súa banda a saltadora do Ria Ferrol Lucía Ferreiro con 2.70 m. acadaría posto de finalista no concurso de salto de pértega rematando na 6ª posición
Hoxe dia 4 porase punto e peche a estes Campionatos con varios galegos e galegas en liza