Durante os dias 19 e 20 de xullo viñéronse xuntando as Comisións de Deporte Escolar e Comisión de Veteranos co gallo de tratar diversos puntos das súas respectivas áreas.
En concreto o dia 19 os representantes da Comisión de Deporte Escolar xuntaríanse na Coruña para abordar temas relacionados sobre todo cas normas de compitición escolar sobre a que se proporían importantes cambios de cara a súa milllora e na que se avanzaría, entre outros aspectos, cara a consensuar un calendario de compiticións ca Xunta e Delegacións.
O xoves dia 20 en Santiago Alfonso López Menduiña presidiría a Comisión de Veteranos xunto a Jose Domínguez Caballlero, José Manuel Fernández e Emilia Mesa e na que tamén estaría a Secretaria Xeral e Directora Técnica da FGA. Nesta xuntanza traballaríase sobre a cofección do calendario e normas dos Campionatos Master da tempada 2017/2018 entre outros temas que se tratarían.