Solange Pereira lograría onte durante o Meeting Internacional Mohammed VI desenvolto en Rabat e pertencente a Diamond League a mínima de participación para tomar parte no Campionato do Mundo que se desenvolverá en Londres do 04 ó 13 de Agosto.
A pupila de Carlos Landín, que renunciaría a tomar parte no Campionato de Galicia precisamente para preparar esta importante cita, por fin logo de moitos intentos e sen practicamente xa máis opcións, logaría parar o crono nuns fantásticos 4.06.39 (novo récord galego absoluto) que mellorarían amplamente o anterior rexistro que ela mesma tiña este ano como MMP de 4.09.40 e que a sitúan ó fronte do ranking nacional liderada ata este momento pola soriana Marta Pérez con 4.07.35.
Ca inclusión de Solange Pereira na lista de mundialistas, son dúas as galegas que acudirán o Campionato do Mundo xa que lembramos que tamén figura na selección a Triplista barbanzán Ana Peleteiro.
VIDEO DA CARREIRA | REPORTAXE TVG |