Nos campionatos de Europa sub-23 que se están a desenvolver na localidad polaca de Bydgoszcz acabase de producir a fantástica nova de que a nosa representante no concurso de triple salto Ana Peleteiro, ben de acadar o subcampionato Continental cun salto de 14.19 cm. moi preto da súa MMP de 14.22 cm.
A de Barbanza (13.69/14.19/X/14.12/12.74/13.90) cedería tan só ante a saltadora rumana Elena Panturoiu quen se poría ó fronte da proba no seu cuarto salto con 14.27 m.
Con este título Ana Peleiro retoma a senda emprendida fai uns anos cando xa no 2011 comezara a facerse normal a súa presenza nos podiums internacionáis. Proba delo sería que nese mesmo lograría as medallas de bronce no Campionato Mundial Xuvenil en Lille (Francia) así como a de ouro no Festival Europeo da Xuventude celebrada en Trabzon (Turquía). Continuando co seu palmarés internacional, un ano máis tarde, acontecería ata o momento, o seu logro máis importante con ese título de Campiona do Mundo Junior e que daría paso no ano 2013 ó bronce no Campionato de Europa da mesma categoría na cidade italiana de Rieti.
Na mesma compitición outra das nosas representantes, Saleta Fernández quen tomaría parte a proba de altura e logo de clasificarse para a final o venres con 1.79, acadaría o concurso na décima primeira posición cun salto de 1.76 nunha final gañada pola ukraniana Levchenko con 1.96
SALTOS ANA PELETEIRO EN BYDGOSZCZ