Resultados

Practicamente todo a punto para a gran cita do atletismo galego

Continúa a conta atrás para que as pistas do CGTD de Pontevedra se convirtan o sábado a partir das 10.30 h. no epicentro do atetismo galego. Á cita máis importante da tempada teñen confirmada a súa participación boa parte das principáis figuras do atletismo galego entre as que destaca a do cinco veces olímpico Frank Casañas quen tomará parte no concurso de disco as 17.15 horas ou a de Jean Marie Okutu na lonxitude quen saltará as 19.45. Do mesmo modo na xavalina contaremos ca presencia da olímpica en Atenas de Felicea Moldovane do discóbolo David Martínez Varela olimpico en Barcelona, Atlanta e Sidney quen particiopara en disco as 17.15 horas

Xunto eles importante presenza dos tamén internacionáis Solange Pereira quen tomará parte nos 800 m.l. as 12.40 h. e nos 1500 m. as 18.15 h.; José Alfonso Palomanes en Triplo as 18.30 h ; Lidia Parada e Ivanna Carolina Román en xavalina as 18.30 horas; Eva Quimaño en altura as 18.15 h.; Olaia Guisela Becerril nos 100 m.l. as 19.10 h. e lonxitude as 12.10 h.; Paula Ferreiros nos 400 m.l. as 18.45 h.; Ivo Maseda nos 1500 m. as 18.00 h. e o atleta de combinadas Dario Costas quen tomará parte nos 100 m.l. as 19.00 horas, 110 m.v as 20.35 e altura as 11.35 h.

Unha das atraccións do evento será a de Belén Toimil quen participará no concurso de Disco as 12.50 pero que será no Peso as 19.45 h. onde todas as miradas estarán centradas nela xa que ben con intención de chegar ata os 17.00 m. o que suporía sobrepasar por vez primeira esa barreira na historia do atlettismo galego femininio.

Seguindo cas participacións destacadas, no concurso de xavalina as 19.45 h. tomarán parte os internacionáis Borja Barbeito e Manuel Uriz asi como os marchadares Francisco Durán e Daniel Chamosa nos 5.000 m. marcha as 11.05 h. Media hora máis tarde e sobre a mesma distancia participación de Antía Chamosa. Leticia Fernández, Sandra Mosquera e Angela González doblaran distancia participando sobre os 800 m.l. as 12.40 h. e sobre os 1500 m.l. 18.15 h. proba esta última que contará ca presencia da internacional venezolana Joselyn Brea

RELACION DEFINITIVA DE ADMITIDOS

HORARIO DEFINITIVO CAMPIONATO

HORARIO CAMARA DE CHAMADAS