Resultados

Menos de catro dias para a cita máis importante do Atletismo Galego

O vindeiro dia 15 de Xullo acontecerá no Estadio do C.G.T.D. de Pontevedra a cita máis importante do atletismo Galego da presente tempada, como é súa XLIX Edición do Campionato Absoluto Feminino e LXXXIV Masculina de atletismo en pista.

A esta importante evento cuia data límite de inscripción remata as 20.00 horas do martes 11 de xullo (https://isis.rfea/sirfea2/) están confirmados xa boa parte das primeiras figuras do atletismo autonómico que pelexarán por este importante título.

Como acontecera xa nas últimas edicións outorgarase, a través do sistema de axudas a atletas galegos de alto nivel 2017, premios económicos a cada gañador por importe de 100 € , asi como de 300 € ó millor por táboa IAAAF dos sectores especificados no regulamento técnico da proba.

O cartace corresponde á foto, realizada e cedida por Antón Gómez, de Victor Gallego, “capitán” da Sociedad Gimnástica e un dos atletas en activo máis carismáticos e con máis títulos autonómicos do atletismo galego.

Ligazón

LISTA DE ADMITIDOS

Compartir: