Sete medallas e un Récord de España, balance dos galegos no seu nacional Promesa

A cita máis importante para os atletas da categoría promesa tivo lugar esta fin de semana na localidade valenciana de Torrent ca disputa do seu XXXII Campionato de España .

Para o total de galegos desprazados ata esta importante cita, os resultados serían moi satisfactorios xa que se lograrían sete medallas, un récord de España e oito postos de finalistas.

No apartado de resultados o máis salientable sería sen lugar a dúbidas o concurso de Ana Paleteiro en triple quen non só cumpliría co papel de clara favorita, senón que nun interesante duelo mantido ca valenciana Fátima Diame que chegaría ata os 14.03 m., acadaría no seu último salto nada menos que 14.22 m. o que representa unha novo millor marca promesa nacional que certifica a importante progresión e millora da de Barbanza.

Nos concurso de altura claro dominio de Saleta Fernández, quen cumplindo tódolos pronósticos faríase co campionato nacional logo de superar o listón a unha altura de 1.80 m. Con esta nova medalla a de Monforte está a completar un magnífico ano que tentará completar co nacional absoluto de Barcelona a fináis deste mes

Continuando ca categoría feminina, outra das protagonistas sería Claudia Rojo do Valencia Esports quen sumaría dúas medallas nos valados. Comezaría pola prata na proba dos 100 m.v. logo de marcar un rexistro de 14.43 e ceder tan só ante a clara favorita a donostiarra Mújica, continuando polos 400 m.v. na que con 1.01.06 e nunha chegada apretadísima, servirianlle para subir ó terceiro posto do podium. Mesmo metal para outra das favoritas na loita polos metáis, Mar Chillón do Valencia Esports quen na proba dos 10.000 m.marcha e cuns 51.23.53 sería bronce nuns postos moi definidos.

Nos homes Adolfo Sainz Maza do Real Clube Celta subiría ó podium para recoller o seu bronce na proba de decathlon na que chegaría a sumar un total de 6344 puntos e na que as millores probas serían a dos 100 m.l. a pértega os valados e a lonxitude. Plata da mesma maneira para Daniel Chamosa quen no seu primeiro ano nesta categoría acadaría o subcampionato nacional logo de marcar un rexistro nos 10.000 m.marcha de 44.04.01

O resto da actuación galega destacamos os postos de finalistas dos atletas: Anxo Blanco do Coruña Comarca 5º en triple con 14.81; Javier García do Riazor Coruña 5º en 100 m.l. con 10.97, Angela González do Piélagos 6ª nos 800 ml. con 2.17.48; Miguel Pérez do Lucus C.R.G. 5º nos 110 m.v. con 14.70; Eugenia Gil do Marineda 7º nos 400 m.l. con 57.87; Raquel Villa do Vila de Cangas 7º en peso con 12.18; Sergio Paredes da S.Gimnástica 8º en disco con 52.54; ; Iria Forján do Barbanza 8ª en lonxtide con 5.57;

Ligazón

Compartir: