Avila deu acollida no dia de onte a Copa Ibérica Xuvenil Go fit que xuntou na Cidade Deportiva da capital ás seleccións de España e de Portugal.
Esta cita internacional, contaría cunha notable presenza galega xa que nada menos que seis foron os que acudirían en calidade de seleccioados (un coma convidado) ó que se lle sumaría a presenza do adestrador Necho Fernández.
Como de sensacioal poderíase calificar esta primeira cita internacional para as nosas representantes femininas xa que tres das galegas seleccioadas acadarían brilantemente o trunfo en cada unha das súas probas o que pon de manifesto non só a súa excelente preparación técnica e física, senón tamén, a súa gran capacidade de compitición ante a estrea da súa internacionalidade.
Comezaría a gran actuación das galegas ca lonxitude feminina na que a xoia do Celta Olaia Guisela Becerril marcaría xa no seu primeiro salto uns inalcanzables para o resto 5.66 m. que a convertirían na clara domiñadora da proba (5.66/X/5.39/X/X/X/). A segunda galega en sair ó tartan sería a representante do A.D. Mazí, Raquel Meaños quen nos 800 m.l. compitindo con moitisima madurede e seguridade marcaría 2.11.85 impoñéndose de maneira destacada e quitando case dous segundos a segunda clasificada. Por último no lanzamento de xavalina Ivanna Carolina Román mandaría o artefacto ata os 42.12 m. no seu último intento algo alonxados dos 45.78 m. que marcara no pasado Campionato de España, pero suficintes para impoñerse neste concurso (35.38/40.51/37.98/40.27/38.33/42.12).
Por último o sector de velocidade contaría ca presenza da atleta do Coruña Comarca María Fernández quen na proba dos 100 m.l. marcaría un rexistro de 12.60 que lle levaría ata a cuarta posición da proba.
Si esto acontecía na categoría feminina, no apartado masculino tamén notabílisimas actuacións dos galegos Pedro Osorio que tomaba parte nos 800 m.l. como convidado acadando o segundo lugar cun rexistro de 1.52.70 Nicolás García do Real Clube Celta, malia non poder millorar esos 49.74 m. que el tiña como millor rexistro faría un bo encontro acadando o terceiro lugar con 48.45 m. (47.94/X/48.45/47.05/X/X/48.45)