Desenvolveuse o sábado 24 de xuño nas pistas do CGTD de Pontevedra unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia Junior e Promesa. Na cita autonómica, que contaría nalgunhas probas con pouca participación, presenciaríanse actuacións destacadas entre as que cabe salientar os trunfos de Ivo Maseda do Lugo Runing R.L. quen se imporía nos 800 m.l. con 1.56.22 e nos 1500 m. con 3.58.69. O internacional especialista nas combinadas Dario Costas da Gimnástica da mesma maneira, acadaría os trunfos promesas sobre as probas dos 100 m.l con 11.01 aíi coma na de altura con 1.84. sendo terceiro nos 110 m.v. con 15.39.
Nos lanzamentos Raúl Roríguez do Lucus proclamaríase campión galego Junior nas probas de Martelo con 46.42 m. e de Disco con 37.52 m. ó igual que o Promesa Sergio Paredes da Gimnástica quen faría o propio co Martelo e Peso con 53.67 m. e 11.42 m. respectivamente
Nos valados junior Santiago Rozas do Lucus Caixa Rural Galega lograría os títulos autonómicos tanto dos 110 m.v. con 15.52 coma na dos 400 m.v. con 55.12
Xa na categoría feminina a velocista do Celta Laura Chapela domiñaría a velocidade promesa cas súas victorias tanto nos 100 m.l. co 12.47 coma na dos 200 m.l. con 25.98, sendo Estela Fernández do Lugo Runing R.L. pola súa banda a domiñadora junior deste sector grazas ós seus títulos nos 100 m.l. con 12.80 coma nos 100 m.v. con 15.66
A promesa Eva Cid do Comesaña colgaríase os ouros dos 800 m.l. con 2.17.53 e dos 1500 m. con 4.47.98 impoñendo o seu domiño sobre o medio fondo. Claudia Rojo do Valencia Sports logo da súa estancia en EE.UU competiría en Pontevedra acadando os trunfos sobre os 100m.v. con 14.79 e sobre os 400 m.v. con 1.01.35.
Xa por último no concurso de lanzamentos destacada actuación de Raquel Villa do Vila de Cangas, quen se imporía tanto en Peso con 12.73 coma en Disco con 31.57 m.
Foto: Podium feminino dos 5 km.marcha