Resultados

Presentouse hoxe en Ourense o Himno da Federación Galega de Atletismo

No dia de hoxe tivo lugar as 11.00 horas no centro Cultural “Marcos Valcarcel” (Rúa Progreso, 30) de Ourense, a presentación ofical do Himno da Federación Galega de Atletismo.

Esta composición, cuios dereitos foron cedidos de balde polo Director da Real Banda de Gaitas de Ourense Xosé Luis Foxo, enmárcanse dentro da continuidade dos actos de conmemoración do século de existencia da Federación Galega e cuios eventos principáis desenvolveríanse a pasada tempada.

No acto estiveron presentes ademáis do Presidente da FGA Isidoro Hornillos e o propio Foxo, representantes dos distintos colectivos atléticos. Por parte da Deputacion de Ourense acudiría o Deputado Provincial de Deportes e Alcalde de A Baña, Juan Anta

“Dexesamos con este símbolo dotar a esta Federación dun elemento diferencial de identidade que simbolice e conmemore tanto o importante pasado que amosa, coma o prometedor futuro que ainda está por vir” comentaría Isidoro Hornillos

Ligazón Ligazón

Compartir: