Huelva confirma a unha parte da nova xeración de ouro do atletismo galego.

No dia de onte desenvolveríase en Huelva unha das reunións atléticas máis importantes do Estado, o XIII Meeting Iberoamericano de Atletismo ó que acuden cada ano un importante elenco de atletas de nivel nacional e internacional.

Nesta edición contaríase cunha importante preseza galega na que compre salientar o novo Récord Galego Junior de Adrián Ben quen na proba dos 1500 m. invertiría un rexistro de 3.40.72 e que se suma ó acadado en Andújar a semana pasada nos 800 m.onde lembremos rebaixaría o crono ata os 1.48.00. Con este rexistro dos 1500 m.l. encabeza o ranking nacional junior ocupando da mesma maneira unha das primeiras posicións do absoluto encabezada por Adel Mechaal con 3.34.70

No mesmo meeting e do mesmo xeito, confirmación da milloría de Tariku Novales que volve logo de superar os seus problemas físicos que o mantiñan limitado, a recuperar sensacións. Marcaría nos 1500 m.l. unha MMP de 3.45.78 que o sitúan no ranking nacional junior tan só por detrás de Adrián Ben.

Seguindo ca proba raiña do medio fondo, presenza de Solange Pereira quen na final A dos 1500 m.l. acabaría cedendo ante as españolas Marta Pérez e Blanca Fernández, malia que elo non lle impediría marcar unha MMT de 4.09.40 . Para rematar Ana Peleteiro no concurso de Triple chegaría ata os 13.84 m. (MMT) no primeiro dos seus dous saltos válidos ( X/X/13.84/13.50/X/X) cedendo tan só ante a rumana Pantoroiu quen acabaría impoñéndose con 14.12 m.

Resultados

Foto: Gonzalo Méndez

Compartir: