Mañán as 19.15 horas no Esadio de Atletismo da Malata, terá lugar a presentación ofical de Paulino Cartelle Rozas, coma novo Delegado da Federación Galega de Atletismo en Ferrol.
Paulino Cartelle (Ares,1961), ten unha ampla experiencia e coñócemento do atletismo. Dende novo practicaría este deporte a nivel federado ocupando o cargo, anos despóis, de Director Técnico da Federación Galega de Ateltismo en Ferrol, cometido que desenvolvería ata o dia de hoxe. Da mesma maneira dende no ano 2010 comezaría a exercer no estamento de xuices na categoría de Territorial. Destaca a súa capacidade organizativa e o seu talante de dialogo e entendemento ó que se lle suma un amplo coñocemento das realidades atléticas da Delagación que vai dirixir.
Sustitúe no cargo a Ricardo Monzón que viña ocupando esta responsabilidade dende os últimos dez anos.