Jose Manuel Peña, novo Delegado da FGA en Lugo

O Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, nomeou hoxe a José Manuel Peña, novo Delegado en Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña no ano 2006 e actual adestrador de atletismo, foi formado atléticamente na canteira do Colexio Franciscanos de Lugo. Ata hoxe, foi presidente do Club Lugo Running, entidade que adestra xunto ao C.P. Maristas de Lugo. Entre os atletas dirixidos por él, destacan David Barreira; o internacional Ivo Maseda; José González; Marcos Cintrón; José María Díaz; Javier García, Estela Fernández….

Tamén compaxinará esta nova tarefa federativa coa de ser responsable galego de medio fondo e fondo.

Este mércores presentarase oficialmente ante os estamentos do atletismo lucense nas pistas Gregorio Pérez Rivera, tralo acto da presentación das Xornadas de Pista da Deputación Provincial de Lugo que se inicia ás 18,00 horas.

A Federación Galega de Atletismo desexa moita sorte na xestión a José Manuel Peña, ao frente da Delegación de Lugo e tamén agradece os servizos prestados polo anterior delegado federativo. O novo delegado, de 35 anos, asume o cargo con “moita ilusión” e desexos de dinamizar a práctica atlética en toda a provincia, xa que, ao contrario das outras delegacións, a de Lugo compételle toda a xeografia provincial

Compartir: