No dia de onte como xa anunciamos, foron publicados no Diario Oficial de Galicia a relación de distinguidos ó merito deportivo que anualmente a Xunta de Galicia concede a persoas, entidades ou eventos significativos no deporte. Ós xa citados Ramón Tasende, Raimundo Fernández e Primitivo Simón, se atopan tamén o nome de importantes pioneiras do noso deporte.
Margarita Dans Souto, sería a primeira muller que pisaría as pistas de Riazor sendo quen de adestrar e correr soa nunha época (a dos anos sesenta) difícil en canto as conquistas sociáis femininias e na que malia elo, racharía estereotipos abrindo novas conquistas. No seu curriculum, varios campionatos de España.
Nela Souto, outra das históricas e pioneiras do noso deporte. Velocista dos anos sesenta colleitadora de innumerables títulos e récords nacionáis. Acadaría a internacionalidade en dúas ocasións.
A elas, e a outras moitas mulleres que loitaron contra a sociedade e o sistema nuns tempos moi dificiles, todo o noso recoñocemento.