As Pistas do CGTD de Pontevedra foron esciario no dia de onte da
IV Xornada do Circuito de atletismo en Pista de Pontevedra-Control FGA de Fondo e medio fondo na que acontecerían interesantes rexistros. Entre eles o máis salientable serían os
4.18.85 de Esther Navarrete do ADAS-Proinor nos 1500 m.l. asi como os 3.45.99 do salmantino Mario García Romo do Playas Castellón quen acadaría a mínima para tomar parte
nos europeos de Grosseto. A maiores excelente rexistro da atleta Teresa Suárez Vila da Gimnástica quen con seus 29.50 nos 200 m.l. establecería un novo récord galego da categoría
W-45.
En concursos, Lidia Parada do At.Barbanza, lanzaría a xavalina ata os 57.20 m. (MMT) e Jean Marie Okutu do F.C.Barcelona en loxitude, saltaría ata os 7.54 m. que
lle valerían para acadar o título por táboa de puntuación IAAF sumándose así a Esther Navarrete na feminina.