Antía Chamosa acada o ouro por equipos na Copa de Europa de Marcha

Fantástica nova para a marcha galega a protagonizada por Antia Chamosa na XXII Copa de Europa de Marcha en Ruta que se desenvolvería esta fin de semana na cidade checa de Podebrady e que volven unha vez máis a colocar os marchadores galegos na élite a nivel internacional.

Xunto a unha memorable actuación da marcha española a nivel xeral, o equipo junior feminino do que tomaba parte Antía e que completaban Marina Peña (4ª) e Irene Montejo (6ª), lograrían a medalla de ouro grazas a súa excepcioal actuación, e na que a galega contribuiría de maneira decisiva co seu noveno lugar. Con estas posicións o equipo nacional sumaría dez puntos que lle servirían para lograr o ouro por diante das seleccións de Grecia e Alemania segundas e terceiras respectivamente

Con este ouro a galega estrea podium a nivel internacional, sumando unha nova internacionalidade ás súas anteriores convocatorias do Campionato Mundial Xuvenil no 2015 en Cali (Colombia) e ó do Mundial Junior do 2016 en Tblisi (Georgia).

Ligazón

Compartir: