Durante a pasada fin de semana acontecería en Logrono o Campionato de España de veteranos de Probas Combinadas, Pentathlon Lanzamentos e 10.000 m. e na que por espacio dos dias 13 e 14 de maio verían desfilar entre os seus 154 participantes achegados de toda a xeografía nacional a un total de 12 atletas galegos.
Comezando polo Campionato de España de 10.000 m. o máis salientable da súa participación sería o título nacional de Manuel Rosales na M-80 con 49.29.53 (RC) e de Soledad Castro do Comesaña S.C. na W-50 con 40.47.54
No Nacional de combinadas masculinas os atletas de A Silva José Domínguez Caballero na M-45 con 5597 puntos e José Manuel Gonta na M-50 con 5337 p. acadarían sendas primeiras posicións.
Xa na categoria feminina dúas medallas da man de María Teresa Janeiro do Cuntis na F-35 quen gañaría o ouro con 2812 p., sendo a prata na F-40 para Lucía Doval de A Silva con 3145 puntos.
Pola súa banda no Campionato de España de Pentathlon de lanzamentos, resultarían campións de España os atletas Carlos Ferrer do Atletismo Narón na M-55 con 3281 puntos; José Manuel Almudí do ADAS-Proinor na M-75 con 2933 puntos e Ana María Abuín de A Silva na F-55 con 2567 p. O resto de metales quedarían repartidos entre a prata de Manuel Rodríguez do R.C.Celta na M-65 con 2935 puntos, e o bronce de María de los Angeles Rodríguez de A Silva na F-55 con 2253 puntos. Para rematar, sexta posición para José Fraga de A Silva na categoría M-55