Esta fin de semana acontecería en Castellón a disputa do XXIX Campionato de España de Probas Combinadas na que Galicia acudiría cun equipo formado por Alicia Merino, Andrea González, Dario Costas e Abrahan Rodríguez e na que xunto eles viaxarían o responsable do sector de Combinadas da FGA Xulio Ventin e o técnico Santi Ferrer.
A nivel de resultados na proba de heptathlon Alicia Merino acadaría a sexta posión con 4691 puntos ocupando Andrea González a décimo terceira con 4069 puntos. Xa nos homes Dario Costas que reaparecería tras a súa lesión lograba a quinta posición con 6407, sendo unha formidable cuarta praza para o junior Abraham Gonzalez con 5391.
A nivel de Comunidades Galicia acadaría a sexta posición con 20558 puntos nun campionato gañado pola Comunidade Valenciana con 25166 puntos.