Desenvolveuse hoxe en Puerto Lumbreras o IX Campionato de España de Milla en Ruta na que tomarían parte un destacado número de atletas galegos encabezados por Solange Pereira que aspiraba a coverterse en hexacampiona da distancia logo de ter gañado nas últimas cinco edicións de maneira inenterrumpida. A pupila de Carlos Landín, que partía coma favorita, non deixaría pasar a oportunidade de facer historia na proba impoñéndose cun rexistro de 4.49 entrando por diante da navarra Melero con 4.52 mesmo tempo que a madrileña Martínez no terceiro lugar. Nesta mesma proba Leticia Fernández do ADAS Proinor entrería en meta na 4ª posición da xeral.
No resto de probas tamén excelentes resultados para os intereses galegos xa que María Luisa Armesto (W-65) do Clube Atletismo Sada con 7.58 proclamaríáse campiona de España establecendo con ese rexistro un novo récord nacional que confirman o excelente nivel ó que está a compitir ultimamente esta atleta. Por parte novamente dos sadenses Eduardo Pinedo (M-65) acadaría o da mesma maneira o título de campión nacional cun tempo de 6.07 nunha proba gañada polo italiano Dario Rappo. Por último Manuel Calvo do Atletismo+ 9 Moraña (M-60) lograría subir ó podium e acadar a medalla de prata logo de invertir un rexistro de 5.43