As pasadas vacacións de semana santa lonxe de representar un periodo de parón, serían aproveitados por moitos atletas e adestradores da nosa comunidade para incrementar as súas sesións de adestramentos co gallo de afinar este tramo tan importante da tempada.
En concreto os sectores de Marcha da F.G.A. asi como varios grupos de adestramentos, organizarían sesións intensivas tanto de promoción, formación ou mesmo de perfecionamento.
En función dos seus distintos niveles incidiaríanse en aspectos máis concretos canto máis perfil de tecnificación e perfecionamento amosado, si ben aspectos comunes e transversáis tales coma o compañerismo, os valores , asi como a convivencia e o intercambio de experiencias serían a tónica domiñante dos mesmos.
Nas fotos, concentración da Escola de Lanzadores da Coruña na Pobra do Caramiñal (superior), Campus da Mochila do Deporte na Coruña (centro) e da Escola Galega de Marcha Deputación de Pontevedra en Pontevedra (inferior)