Relevo ó fronte do sector de Fondo e medio fondo

Dende o pasado martes dia cinco Manuel Rodríguez Peña está a asumir as funcións de Responsable Técnico do Sector de Fondo e Medio Fondo da Federación Galega de Atletismo, tomando o relevo de Santiago Saco.

O relevo prodécese por dimisión voluntaria do que fora responsable do sector e a quen a Federación Galega quere recoñocer o excelente traballo desenvolto durante a súa etapa que daría comezo no 2015 sustituindo a Alfonso Ortega.

Jose Manuel Rodríguez Peña natural de Lugo e do ano 1982, é un perfecto coñocedor da realidade do sector. Nos últimos anos ven desenvolvendo na súa cidade natal unha incesante actividade atlética ó fronte do Lugo Running By Ramos Lourés adestrando na actualidade, e entre outros, ó atleta internacional Ivo Maseda .

Compartir: