Como xa informamos, o pasado dia 2 de Abril desenvolveríase en Mérida, ademáis do Campionato de España dos 20 km marcha masculino, o “Criterium Nacional de Marcha” Mérida Patrimonio de la Humanidad na que a marchadora Antía Chamosa establecería un novo Récord Galego Junior en 10 km. marcha cun rexistro de 47.59 que millora o anterior tope autonónmico que dende o ano 2003 tiña Lorena Luaces. Esta ciscunstancia sería determinante para que a RFEA seleccioara no dia de hoxe oficialmente á pupila de José Antonio Pardal para tomar parte co equipo Junior da Copa de Europa de Marcha Atlética que se desenvolverá na cidade checa que Podebrady e na que xunto ela compitirán sobre a distancia dos 10 km. a madrileña Irene Montejo e a castelana leonesa Marina Peña.
Esta nova internacionalidad súmase á acadada no 2015 no Mundial Xuvenil de Cali (Colombia) así como a do ano pasado no Europeo de Tbilisi (Georgia)
Ligazón