No dia de hoxe acontecería o Campionato de Galicia de 10000 metros que se desenvolvería nas pistas do Campo Universitario de Ourense e que vería a Manuel Hurtado da Gimnástica de Pontevedra con 30.54.04 e a Ariana González da S.A. do Trega con 39.12.86 como os novos gañadores absolutos autonómicos. Xunto eles estarían compartindo podium Blanca Lavandeira do Fisioterapia San Lázaro e Eva Teiejeiro do C.A.Narón na categoría feminina. asi como Rubén Diz da Gimnástica e Jorge Crespo do C.A.Sar na categoría masculina. Nesta mesma distancia salientar o récord galego na categoria veterán M-65 de Xosé Luis Otero Cepeda do Universidade Santiago que deixaría o novo tope autonómico en 37.17.77
Ademáis desto desenvolveríase o I Campionato de Galicia de Milla en Ruta na que da mesma maneira nos deixaría os nomes dos novos campións galegos que non serían outros que Sandra Mosquera do ADAS-Proinor quen batiría o Récord Galego absoluto con 5.20.21 e Ivo Maseda do Lugo RC Ramos Lourés con 4.21.06. nas categorias femininas e masculinas respectivamente.
Ademáis do récord absoluto, batiríanse os seguintes récords galegos na milla a cargo de Xavier Díaz do Lucus C.R.Galega con 5.12.46 na M-40; Domingo Alvarez do Burgas Ourense con 5.23.02 na M-60; Aida Martínez do A.F. Celta con 5.44.10 RGJunior; Ana María Ocampo do Burgas Ourense con 5.44.10 na W-35 e Cristina García Colomo do Ourense Atletismo con 7.11.28 na W-50
Paralelamente a todo elo presenciaríase un amplo programa atlético como parte do VI Trofeo C.D. Aurum que contaría cun notable éxito organizativo e participativo.