Resultados

Ouro para El Nabaoui e pratas para Carlos Alvarez e Elsa Pena no nacional Cadete indoor

Un total de 28 atletas galegos (19 mulleres e 9 homes) tomaron parte esta fin de semana no XXX Campionato de España de Pista Cuberta que se desenvolveo nas pistas malagueñas de Antequera.

A nivel de resultados, o máis salientable foi o trunfo do atleta do San Paio a Estrada El Medhi El Nabaoui quen partía como favorito ó título nacional nos 3.000 m.l. O de San Paio cumpliría os pronósticos facéndose co trunfo cun 9.00.25 e poñendo un magnífico broche de ouro a súa sensacioal tempada invernal.

O resto de boas novas viñeron en forma de plata. Nas combinadas un magnífico Carlos Alvarez Nieto do C.Franciscanos de Lugo daríanos unha alegría por partida dobre ó sumar un total de 3815 puntos (6.65 nos 60 m.l; 6.45 en lonxitude; 11.19 en peso;1.67 en altura;9.84 en 60 m.v. e 2.47.39 nos 1000 m.l.) o que lle permitiría poder estar no segundo caixón do podium. A maiores, ese mesmo rexistro, representaría un novo Récord Galego Cadete Indoor de Hextahlon.

Por último de novo os “tresmiles” deixarían excelentes novas para as nosas representantes xa que Elsa Pena Vicente do Atletismo Tui, invertiría na súa serie un rexistro de 10.27.52 que a levarían a acadar un sensacioal subcampionato nacional.

Ligazón Ligazón Ligazón