No Boletín Oficial do Estado do dia de hoxe aparace publicada unha resolución da Presidencia do Consello Superior de Deportes pola que se concede a David Gómez Martínez o ingreso na Real Orden do Mérito Deportivo na categoría de medalla de Bronce polos méritos contraidos ó longo de toda a súa etapa deportiva. Lembramos que esta distinción é a mais alta que se outorga ó deporte en España facéndose a través do CSD e estabrecéndose diferentes rangos e categorías.
Entre os méritos contraidos polo celeste, destacan as doce internacionalidades e as súas dúas participacións olímpicas de Atenas-04 e Pekin-08. Do mesmo modo acadaría en seis ocasións o título de Campión de España Absoluto de Probas Combinadas estando na actualidade ó fronte dun grupo de atletas en calidade de adestrador.