Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista péchanse cunha antelación de dúas semanas
Arquivo

Récord Galego de Belén Toimil na Copa de Europa de Lanzamentos

Durante o transcurso da Copa de Europa de lanzamentos que tería por
esciario a illa de Las Palmas de Gran Canaria a lanzadora galega de peso, Belén Tomil acadaría no seu cuarto lanzamento no cuncurso un rexistro de 16.39 m. (15.98 / 16.55 / 15.58 /
16.39 / X / 16.13) o que representa un novo récord galego absoluto que milloraría a anterior marca establecida por ela mesma de 16.31 dende xuño do ano pasado. Con este récord galego ó aire libre
Belén continúa a súa fantástica progresión que a levaría a millorar o tope autonómico en pista cuberta en nada menos que en catro ocasións.

Noutro orden de cousas, Fran Casañas non tería a mesma fortuna xa que logo do seu primeiro intento nulo no concurso de disco, renunciaría a seguir participando na proba por (asi
todo o parece indicar) problemas físicos.

Ligazón

biografias
Compartir