Bronces para Eva Queimaño e Santi Represas na primeira xornada do nacional Xuvenil

Esta fin de semana estase a disputar unha das últimas grandes citas do calendario de pista cuberta a nivel nacional, trátase do XLI Campionato de España Xuvenil que ten por esciario as pistas catalanas de Sabadell.

A primeira xornada desenvolta o sábado depararía para os intereses galegos a medalla de bronce do atleta do C.A.Sada Santiago Represas quen na proba dos 60 m.l establecería un rexistro de 7.16 e que pon de relive a calidade deste atleta que xa fora Campion de España Cadete de 100 m.l

Outra excelente nova viría das combinadas na que Eva Queimaño do A.F.Celta acadaría o bronce grazas ós 3419 puntos conqueridos, quedando a tan só 13 puntos da prata e que evidencia a importante progresión que está a manter esta atleta. Os seus parciáis serían de ( 9.06/1.59/11.11/4.91/2.32.61)

Fotos: David Gómez

Ligazón Ligazón

Compartir: