Durante esta fin semana se viñeron desenvolvendo unha gran cantidade de compiticións importantes na que os nosos atletas estarían presentes. Como xa vimos informando ademáis dos Campionatos de Europa Indoor e do nacional de Marcha, desenvolveuse o de Lanzamentos Longos na localidade extremeña de Montijo na que o máis salientable sería a medalla de prata acadada por Frank Casañas no concurso de disco ó acadar no seu sexto intento 57.40 m. A proba sería gañada por Lois Maikel Martínez con 61.30. Actuacións destacadas para Carlos Revuelta en martelo 4º con 60.57; así como de Belén Toimil que tomando parte fora de concurso en Peso, lanzaría no seu único intento ata os 15.96 m. que supoñen a millor marca nacional do ano ó aire libre absoluta.
Noutro orden de cousas no Campionato de España Junior que se estivo a desenvolver en Valencia, Paula Iglesias do Riazor Coruña, sumaría unha nova medalla na proba dos 400 m. ás acadas no dia de onte por Adrián Ben e Miguel González nos 3000 m. Nesta ocasión a discípula e filla de Margot Garnelo establecería un novo récord galego junior na final ó marcar un rexistro de 55.99 e millorar o anterior tope que ela mesma tiña de 56.12. Ademáis esta marca serviríalle para acadar o subcampinato nacional nunha distancia que sería gañada por Ruth Peña con 55.33.