Disputouse o domingo 26 de febreiro, en Oropesa (Castellón) o LII Campionato de España de Campo a Través por Clubes na que un total de 14 equipos galegos tomaron parte.
O máis salientable sería o trunfo individual do atleta do C.D.San Paio A Estrada El Medhi El Nabaoui na categoría cadete que sobre unha distancia de 4890 metros invertiría un rexistro de 15.47. e que poñen en alza a categoría desta xoia do San Paio. Actuación tamén moi salientable da xuvenil Sara López entrando na terceira posición para o Lucus Caixa Rural Galega quen por equipos acadaría a quinta praza. Este atleta súmase a lista importante de talentos que o conxunto lucense está a dar nos últimos tempos ó atletismo galego.
Notorias tamén foron as actuacións do xuvenil do C.A.Santiago Arturo Ramos oitavo na súa categoría, así como Esther Navarrete do ADAS-Proinor quen ca súa décima posición no cross corto, contribuiría de maneira importante ó quinto lugar do seu equipo na clasificación por clubes. Por último as cadetes femininas do Atletismo Friol meteríanse nos postos de finalistas ó lograr un meritorio sétimo posto
O resto de formacións galegas acadarían as seguintes posicións:
Cadete Feminina :7º Atletismo Friol e 18º Atletismo Tui Cadete Masculina: 29º Clube Deportivo San Paio A Estrada e 39º Ourense Atletismo. Xuvenil Feminino: 5º LUCUS Caixa Rural Galega e 47º Comesaña Sporting Club Xuvenil Masculino: 12º Clube Atletismo Santiago, 28º Ria Ferrol-Concepción Arenal e 40º Comesaña Sporting Club. Junior masculino: 10º Sociedad Gimnástica de Pontevedra Promesa Masculino: 11º Sociedad Gimnástica de Pontevedra Cross Corto Feminino: 5º ADAS-Proinor Croos Corto Masculino: 13º ADAS-Proinor e 22º Clube Atletismo Santiago Actuaccion Galega Ligazón