Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos

Disputouse o sabado dia 25 de febreiro unha nova edición correspondente o Campionato de Galicia de Lanzamentos longos no CGTD de Pontevedra no que o máis salientable correría a cargo na especialidade de xavalina masculina onde o atleta de Playas de Castellón Borja Barbeito faríase co título autonómico con 65.61. acadando a segunda posicion Manuel Uriz do C.A. Fent Cami Mislata con 62.86 m.

No resto de probas trunfos para Patricia Filgueira do Atletismo Feminino Celta con 39.90 e para un reaparecido Isaac Vicente da Agrupación Deportiva Marathon con 59.67 m. en martelo; María José Sanromán do A.F. Celta con 35.08 e Victor Gallego da Gimnástica con 49.69 m. en disco. Por último na proba de xavalina a tamén gimnástica Angeles Filgueira imporíase con 38.56 m.

Ligazón