Dez galegos de dez

Rematando xa o mes de febreiro e con boa parte do calendario indoor desenvolto, facemos un repaso ó ranking nacional top-10 absoluto na que contamos con destacada presenza galega.

Para comezar temos a “revelacion” invernal de pista, o junior Adrián Ben cuio rexistro nos 3000 m.l. de 8.06.12 supuxo ademáis dun récord de España Junior unha das millores marcas nacionáis absolutas, en concreto a décima. Este mesmo atleta entra tamén na lista dos 1500 m. na quinta posición co seu outro fantástico récord de España na distancia de 3.43.10.

O olímpico nos Xogos de Rio Jean Marie Okuto e subcampión nacional indoor en lonxitude cun salto de 7.76 m. ascende ata o terceiro posto do rankin ó igual que o campión de España de aire libre do ano pasado en Triple Alfonso Palomanes quen sube a quinta posición con 15.58 m. efectuados no Nacional. Outra das destacadas é a plusmarquista galega de lonxitude Leticia Gil quen con seu fantástico 6.22 m. fai acto de presencia no top-ten na quinta posición.

Nas probas de fondo e medio fondo unha xa recuperada de incidentes pasados Leticia Fernández do ADAS-Proinor sitúase no posto 8º nos 1500 m. con 4.27.03 ó igual que Carmela Cardama do Comesaña quen en terras norteamericanas establecería un rexistro 9.18.20 nos 3000 m. que a sitúan no 6º posto.

Nos concursos, a saltadora de altura Saleta Fernández cos seus 1.82 m. ascende ata a segunda posición do ranking tras a campiona olimpica e compañeira de adestramentos Ruth Beitia . Mesmo posto para Belén Toimil do Playas de Castellón con 16.75 m. en peso que representa un récord galego absoluto (millorado por catro ocasiones) e que serviría ademáis para acadar o subcampionato de España en Salamanca.

As probas máis importantes en canto a resultados son as de Triple e 1500 m. Nelas contamos ca presencia das nosas dúas campionas de España indoor e representantes no europeo de Belgrado que se denvolverá en Marzo, Ana Peleteiro con 13.76 m. e Solange Pereira con 4.13.54, atleta esta última, que figura tamén na sétima posición dos 3.000 m. con 9.18.87

Compartir: