Un total de 23 atletas tomarán parte nesta fin de semana na disputa dos LIII Campionatos de España Absolutos de Pista Cuberta que se desenvolverán nas pistas Carlos Gil de Salamanca.
A ela se achegan os nosos representantes con serias opcións de varios metales e sobre todo ca posibilidade de millora de rexistros persoáis.
Ana Peleteiro do Adidas, parte como clara favorita ó titulo de triple, logo de acadar a mínina para os europeos con 13.76 , ó igual que o olímpico e actual campión de España en Lonxitude de aire libre e pista cuberta Jean Marie Okuto do F.C.Barcelona que malía estar no ranking nacional deste ano na sexta posición con 7.48, estará na pelexa polo título. Especial atención a Leticia Gil do ADAS-Proinor que logo de establecer recentemente o récord galego absoluto en lonxitude con 6.00, acude a Salamanca ca sexta millor marca das participantes. Por último o actual campión de España de triple José Alfonso Palomanes do F.C.Barcelona preséntase cun millor salto este ano de 15.53 que o sitúan na sexta posición do ranking nacional
Outro valor seguro na loita polas medallas será a da monfortina Saleta Fernandez do Valencia Esports quen no concurso de altura acredita un millor salto de con 1.80 nunha proba encabezada pola campiona olimpica Ruth Beitia con 1.95.
Non deixamos os concursos, xa que no lanzamento de peso tomará parte Belén Toimil do Playas de Castellón cuio arranque de tempada está a ser sensacioal e que lembremos levaríanna a batir por tres oacasións récord galego absoluto. Achégase a estes campionatos ca segunda millor mara das partipantes con 15.83 m.
Nas carreiras contamos ca participación da segunda das galegas que acudirá os europeos de Belgrado, Solange Pereira quen cos seus 4.13.54 intentará revalidar o título nacional acadado o ano pasado sobre esta mesma distancia en Madrid. Por último a medalla de bronce no nacional de aire libre nos 5000 m. en Xixón do ano pasado Esther Navarrete do ADAS-Proinor, tomará a saida nos 3000 m. na que parte ca décimo primeira millor marca do ano cun rexistro de 9.35.36.