A atleta Ana Peleteiro acadaría onte durante o transcurso da reunión de l´Eure desenvolta na localidade francesa de Val de Reuil un rexistro no concurso de triple de 13.76 m. que a sitúan ó fronte do ranking nacional absoluto do ano e que ademáis supón a mínina de participación esixida pola RFEA (13.75m.) para tomar parte no vindeiro XXXIV Campionato de Europa de Pista Cuberta que se desenvolverá na capital Serbia de Belgrado dos dias 3 ó 5 de Marzo.
A atleta de Ribeira, actualmente baixo as ordes de Iván Pedroso en Guadalajara, acadara no 2012 en Barcelona o título de campiona do Mundo Junior en triple, así como a plusmarca nacional da mesma categoría tanto en aire libre (14.17 m.) como en pista cuberta (13.91 m.). Dende entón as lesións así como os cambios de adestrador e de residencia, afectarían ó rendemento desta saltadora que afortunadamente paracen tocar ó seu fin.
Na mesma reunión, Solange Pereira tomarían parte nos 1500 m. na procura da mínima de 4.14.00 que lle permitisen estar en Belgrado, malia que o remate tería que conformarse con 14.17.69 .