Resultados

O pazo dos Deportes encheuse de atletismo con ABANCA

A pista cuberta de Riazor foi esciario esta fin de semana da disputa da fase final correspondente a V Liga Galega Escolar Federada ABANCA que se desenvolvería en xornada de mañán para as categorías alevín e benxamín e na xornada de serán para os atletas da categoría infantil

Como ten ocurrido nas edicións anteriores, fantástico ambente de festa, competitividade e sobre todo de moita deportividade o presenciado nunhas instalacións cun fantástico ambente tanto na pista -con preto de seiscentos nenos compitindo- coma nas bancadas e na que o ánimo de pais e familiares deixaríase notar en todo momento.

Na clasificación por equipos doble trunfo para o conxunto do Ourense Atletismo que se faría cos títulos nas categorías Alevín feminino e Infantil masculino. O Atletismo Vila de Cangas proclamaríase vencedor Alevín homes o mesmo que o Coruña Comarca na benxamín da mesma categoría. Xa nas mulleres o Atletismo Narón acadaría o título na benxamín sendo o trunfo para o C.A. Millaraio na Infantil.

Ligazón

LigazónLigazón

Compartir: