Resultados

Belén Toimil, de récord en récord

No dia de onte durante a disputa da Copa de Raiña desenvolta nas pistas madrileñas Gallur a atleta mugardesa do Playas de Castellón Belén Toimil Beceiro no concuro de lanzamento de peso, enviaría o artefacto no seu terceiro intento ata os 15.83 m. (15.31/15.38/15.83/X) o que representa un novo récord galego absoluto da categoría que ela mesma establecera a semana pasada durante a reunión atlética indoor desenvolta na mesma instalación

A proba que sería gañada pola atleta Ursula Rúiz do Valencia Sports con 16.31 m. serviría da mesma maneira para que o Playas de Castellón acadase sete puntos cos que entrar no podium tras o F.C.Barcelona e as valencianas do Sports

Con este novo récord Belén suma e sigue a súa gran tempada de Pista cuberta que a levaría a millorar o récord galego por terceira vez neste mes (14 de Xaneiro en Salamanca con 15.53 m., 21 de Xaneiro en Madrid con 15.75 e o 29 de xaneiro en Madrid con 15.83 m)

Compartir: