Nerea Iglesias, Javier García, Teresa Rodríguez e Iago Núñez, domiñadores da velocidade galega

O pasado sábádo desenvolveríase no Módulo Cuberto de Lugo unha nova edición correspondente a disputa do Campionato de Galicia dos 60 m.l. e 60 m. valados que contaría cunha importante participación de atletas procedentes de todas as delegacións.

De novo as excelencias da instalación lucense, asi como a boa forma dos atletas que estiveron participando, fixeron que se presenciaran actuacións destacadas entre as que cabe salientar os 6.95 de Javier García Fernández do Riazor Coruña (MMP) que se imporía na final dos 60m.l. ó igual que faría Nerea Iglesias Barbazán do Fontes do SAR con 7.91. Teresa Rodríguez Miguélez do Riazor Coruña acabaría segunda na proba dos lisos con 7.98 malia que logaría o título de Campiona de Galicia nos 60.m. valados cun rexistro de 9.03. Sería precisamente nesa mesma proba onde o atleta do Lucus Caixa Rural Galega Iago Núñez Lugilde lograría o título autonómico ó impoñerse na carrera cun rexistro de 8.53.


Ligazón