Fantástico fin de semana o vivido polo atletismo galego no tocante a consecución de novas plusmarcas galegas.
Xa practicamente no mes de febreiro, comeza a deixarse notar o traballo acumulativo de cara as importante citas da pista cuberta. Proba delo sería o Récord Galego Absoluto acadado por Belén Toimil o sábado na reunión de inverno desenvolta na pista cuberta de Madrid e na que con 15.75 m. acadados no seu terceiro lanzamento de peso (15.45/X/15.75/X/X/15.12) establecería un novo récord galego absoluto. Belén que estrea esta tempada a categoría senior, non pode ter comezado de maneira máis brilante un ano importante para ela.
Noutro orden de cousas o lucense do Lucus Caixa Rural Galega Miguel González Carballada acadaría no mesmo esciario pero na proba dos 1500 m.l. un rexistro de 3.47.26 o que supón pulverizar o Récord Galego Junior que tiña dende o ano pasado Jorge Puig con 3.54.65. Con este rexistro ademáis acada unha MMP superando eses 3.48.35. que establecera o ano pasado no Ourense Termal Atletics Meeting e que fan presaxiar importantísimas rexistros e actuacións o longo deste tempada.