Co mes de xaneiro encarando xa a metade, empézanse a deixar notar as múltiples probas que as fins de semana acontecen e na que se misturan a partes iguáis a pista cuberta, o campo a través e as probas de ruta.
En concreto o sábado e domingo, Lugo dará acollida ó Campionato de Galicia de Probas Combinadas para as categorías Cadete, Veteranos e de Clubs simultaneándose todo elo, cunhas probas de control organizadas pola Delegación.
A Rúa será o outro punto importante ca celebración o domingo do Campionato de Galicia de Campo a través para veteranos que darán comezo as 12.00 horas celebrándose no mesmo circuito o Campionato Provincial Escolar XOGADE e o II Cross da Rúa integrante do Circuito Galego de especialidade.
Por último e continuando co domingo, Vigo disputará a súa I xornada das series Municipáis-Concello de Vigo, organizadas polo AVA, sendo Coruña esciario da proba pedestre II Carreira Popular de Matrogrante as 10.30 horas da mañán