Disputouse onte na capital escocesa de Edimburgo a clásica “Great Edimburgh X Country” na que as seleccións de Europa, Estados Unidos, Gran Bretaña e Irlanda do Norte, compitiron na procura do prestixioso título.
No que atinxe a categoría junior da selección europea tomarían parte os galegos Adrián Ben e Miguel González, e na que o atleta do Lucus Caixa Rural Galega disputaría o sprint a victoria fronte o estadounidense Noah Affolder acadando o remate unha sensacioal segunda posición. Xunto eles estarían no podium o tamén norte americano Connor Lundy. No que atinxe ó tamén lucense nas ringleiras do F.C.Barcelona Adrián Ben, achegaríase a unha non menos meritoria sétima praza, contribuindo decisoriamente a que Europa acadara a segunda posición con 20 puntos nunha proba gañada por EE.UU con 17.