Disputarase esta fin de semana en Getafe unha nova edición correspondente ó
Campionato de España de Marcha en ruta para veteranos e na que un total de tres atletas galegos tomarían parte
De entre os mesmos cabe salientar o subcampionato de España acadado polo atleta do Real Clube Celta, José Fernéndez Nieves quen na proba dos 10 km. (M-35) acadaría o subcampionato de España logo de invertir un rexistro de 49.02.
O resto da expedición galega formada por marchadoras, acadarían -sobre os 5 km.- as pocicións de 7ª con 28.18 para Concepción Campos (Sekulebedarra Kirol Kluba) e a 12ª para Yolanda Abellán (CAR Marisqueiro) con 30.39.
Julio Angueira na categoría masculina que estaba inscrito, finalmente non tomaría parte na proba.