No dia de onte tería lugar a entrega de premios correpondente a IV Circuito de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte que xuntaría a un amplo número de atletas e representantes dos dez concellos participantes en torno a o Auditorium de Cee que estaría completamente cheo de público asistente.
A gran festa do atletismo da Costa da Morte entregaría os premios nesta edición ós millores de cada categoría entre os que se atopaban tanto Michel Antelo coma Rocío Alvite, gañadores absolutos deste ano 2016.
Precisamente con Rocío Alvite falariamos datas antes da entrega do seu premio nunha entrevista telefónica que nos concedería e que colgamos. Nela cóntanos moitos aspectos da súa vida tanto persoal coma deportiva na que non pasa por alto entre outras cousas as súas reivindicacións cara as mulleres, e o rural no deporte.