Fantástica actuación de Adrián Ben e Miguel González nos europeos de Cross

Como de fantástica se pode calificar a actuación no dia de hoxe dos nosos dous representantes no Campionato de Europa de Campo a Través que se desenvolveu na cidade italiana de Chia.

Tanto Adrían Ben como Miguel González, (na foto de arquivo) nun excelente momento de forma, amosaron ser os millores do equipo nacional ao acadar as posicións oitava e novena respectivamente e contribuindo de maneira prioritaria a que España acadara o subcampionato europeo na categoría junior. O resto do equipo entrería nas posicións de 12º para Torrens, 13º para El Homdouini, 19º para Ifraj e 29º para Fontes.

A carreira sería gañada polo nuruego Jakob Ingebrigtsen estando acompañada España no podium por Francia no primeiro lugar e por Gran Bretaña na terceira posición.

Noutro orden de cousas a nivel de actuación do equipo nacional o máis salientable sería o subcampionato de Europa do equipo absoluto masculino asi como a segunda posición individual sub23 de Carlos Mayo

Ligazón

Compartir: