Resultados

Marta Míguez, nova Directora Xeral de Deportes

A xavalinista olímpica Marta Míguez, a quen lle adicamos o noso último espazo nesta web na sección de “Atletas olímpicos Galegos na Historia”, ven de ser nomeada no dia de hoxe polo Consello da Xunta de Galicia como nova Directora Xeral de Deportes sustituindo o anterior responsable José Ramón Lete, que se atopa ocupando o cargo de Secretarío de Estado para o Deporte.

A ex-pupila de Raimundo Fernández e de Julián Sotelo (con quen está casada e comparte tres fillos) fora recórdwoman de España de xavalina, internacional en trece ocasións así como olímpica nos Xogos de Atlanta. A nivel de xestión ocuparía os cargos de coordinadora deportiva do Concello de Ourense durante os últimos dez anos.

Especial Atletas olímpicos Galegos: Marta Míguez

Compartir: