A Federación Galega de Atletismo acaba de facer pública a súa circular nº 69/2016 a través da cal publícase a relación de gañadores das distintas categorías correspondentes ao Circuito Galego de Marcha Atlética José Fina Romero 2015-2016.
A primera clasificada na categoría absoluta feminina sería Leyre Aramburu da Escola Atlética Lucense cun total de 37 puntos e Christian Curopos do C.A.Fent Cami Mislata na categoría absoluta masculina con 46 puntos. Por equipos serían o Clube Atletismo Celta en homes e o C.A. Cuntis EMD en mulleres os vencedores, sendo este último o gañador absoluto por clubs.
Lembramos que este circuito estaría integrado por unha serie de probas cuia puntuación viu determinada polo posto acado nas mesmas. De igual modo o circuito tomaría o nome da que fora xuiz internacional de marcha a ferrolá Joséfina Romero finada hai uns anos.
A entrega dos premios será o dia 26 de novembro en A Pobra coincidindo ca desputa do Campionato Galego de Marcha en Pista de Inverno