Saltar ao contido
Arquivo

Bo comportamento das cadetes da S.G.P. e do A.V.A no Campionato de España por clubs

Esta fin de semana os equipos cadetes femininos da Agrupación Viguesa de Atletismo e da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, tomarían parte na
disputa da Final B correspondente ao Campionato de España Cadete feminino.

No seu encontro que se desenvolvería no Estadio das Mestas de Xixón, as pontevedresas sumarían unha puntuación total por táboa húngara de 9753 puntos, acadando as viguesas 7355 o que lles
outorgaría a décimo novena posición e a vixésimo sexta respectivamente no cómputo dos tres encontros.

O máis salientable a nivel individual dos dous conxuntos galegos serían as victorias de Irene Gómez do A.V.A quen se imporía no concurso de martelo con 42.92 m. No tocante ao conxunto
pontevedrés trunfos nas súas respectivas probas de María Giménez en disco con 32.78 m, Adela Ardao nos 1.000 m. con 3.28.09 e Paula Argibay en Triple con 9.82 m.

Os equipos do Playas de Castellón tanto na categoría feminina coma masculina, proclamaríanse Campións de España por clubs nesta edición

Resultados en directo

Relación dde inscritos

noticias
Compartir