Adestradores galegos nas xornas de

Estáse a desenvolver en Madrid durante esta fin de semana as XVIII Jornadas sobre el presente y futuro de las categorías menores del atletismo que se desenvolve baixo o Programa Nacional de Tecnificación Deportiva do CSD e que conta cunha importante participación de adestradores procedentes de todo o Estado.

A estas xornadas que en formato de conferencias, coloquios e obradoiros, están a tratar aspectos tan importantes como a figura do adestrador, aspectos nutricionáis, ética ou mesmo contidos máis técnicos dalgunhas especialidades, acuden un total de nove adestradores galegos.

Na foto e de esquerda a dereita: Santiago Ferrer M., Santi Ferrer A., Pepe Domínguez, Flavio Lombardía, Xulio Ventín, Tomás Pérez, Carlos Tuñas e Marcelino Rodríguez. Falta na foto José Antonio Pardal que tamén se atopa nestas xornadas.

Programa das Xornadas

Compartir: